Entrada > Notícias > Dramaturgias Itinerantes
Publicado em: 20 Novembro 2023

Dramaturgias Itinerantes

Teatro Helena Sá e Costa, 21 de novembro, 18h00

DRAMATURXIAS ITINERANTES | DRAMATURGIAS ITINERANTES

 

A piques de rematar o ano e por segunda vez neste 2023, presentamos o programa “Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes”, que naceu da colaboración institucional entre oConsello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, coa incorporación en 2021 da ESMAE do Porto, que se consolida xa como un parceiro máis nesta súa terceira colaboración

“Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes” ten como obxectivo o encontro entre creadoras escénicas de Galicia e Portugal, para promover un maior coñecemento da escrita teatral feminina contemporánea dos dous lados da raia. O proxecto pretende dar voz á dramaturxia de autoría feminina, coa vontade de situala en primeira liña e de poñer en valor toda a súa forza anovadora. Apóiase e conta para a creación e produción das súas lecturas dramatizadas coas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a formar nas nosas escolas, nas cidades do Porto e de Vigo.

Nesta sexta e outonal edición do ciclo, propoñemos o encontro escénico de Paula Carballeira, consolidada e premiada dramaturga e narradora oral galega, e de Sofia Santos Silva, unha nova e poderosa creadora escénica portuguesa. Son dúas mulleres que representan diferentes xeracións, as dúas cunha notable habilidade creativa para abordar en profundidade e dun xeito diferente temas como o abandono, no caso de Paula, e a irmandade, no caso de Sofia. Trátase doutra parella de creadoras que imos engadir á nosa xa importante lista de mulleres dramaturgas galegas e portuguesas, constituída por Patrícia Portela e AveLina Pérez, Ana Carreira e Joana Craveiro, Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu, Rita Pinheiro e Laura Porto e, na anterior edición de 2023, Esther Carrodeguas e Cecília Ferreira. Os textos destas dramaturgas poden atoparse na páxina web do Consello da Cultura Galega (www.consellodacultura.gal). Como xa aconteceu na edición anterior, Vanesa Sotelo, dramaturga e profesora da especialidade de Dramaturxia na ESAD de Galicia, volverá exercer de mestra de cerimonias, conducindo a conversa entre as dúas autoras co obxectivo de que coñezamos en profundidade a súa traxectoria artística e proxectos.


ANOTHER ROSE - Sofia Santos Silva

Sinopse:

A obra é um encontro à distância com Gulabi Gang, um grupo activista sediado em Uttar Pradesh, no norte da Índia,  fundado por mulheres como resposta à violência sistémica e discriminação generalizada de uma sociedade assente em práticas e costumes patriarcais que banalizam a violência sobre as mulheres. Estas mulheres cantam os seus ideais de mudança e mostram os passos de uma irmandade que se unifica pela transformação. Na obra, destaca-se a importância de todo o tipo de irmandades, em qualquer contexto e realidade, que iniciam espaços de resistência contra a acção de prejudicarem a especificidade de cada corpo.

O projecto Another Rose, de Sofia Santos Silva, venceu a 4a edição da Bolsa Amélia Rey Colaço, uma iniciativa promovida conjuntamente pel’A Oficina (Guimarães), O Espaço do Tempo (Montemor-o-Novo), o Teatro Nacional D. Maria II (Lisboa) e o Teatro Viriato (Viseu).


Sofia Santos Silva

Nasceu no Porto, em 1993. Frequentou o Conservatório de Música do Porto, concluindo o 6o grau em Flauta Transversal e o Preparatório em Canto Lírico. Iniciou a sua formação enquanto actriz na Academia Contemporânea do Espectáculo, Porto e licenciou-se na Escola Superior de Teatro e Cinema, Lisboa. Desde 2012 que tem trabalhado profissionalmente com Mónica Calle, Sara Barros Leitão, António Júlio, Mirró Pereira, Carlos Costa, Jorge Palinhos, Zeferino Mota, Jean Paul Bucchieri, David Antunes, João Guimarães, Artur Guimarães, Joana Quelhas, entre outros. Em 2015, foi uma das selecionadas para o Laboratório de Escrita para Teatro do Teatro Nacional Dona Maria II, que surgiu integrado num programa de apoio e incentivo a novas dramaturgias portuguesas. Em 2017, escreveu a peça “Uma Frida”, e em 2019, foi um dos espectáculos escolhidos a integrar o ciclo recém-nascidos do Teatro Nacional Dona Maria II. Integrou o Colectivo Retorno, da qual foi uma das fundadoras juntamente com Mariana Magalhães, Hugo Olim e Joana Coelho Cunha, escrevendo os espectáculos “Nina, Nina” e “A Nossa Primavera”. Em 2021, colaborou como intérprete no espectáculo “Carta” de Mónica Calle, estreado no TNDMII. Em 2021, foi a vencedora da 4a edição da Bolsa Amélia Rey Colaço, iniciativa do TNDM II, CCVF, O Espaço do Tempo e Teatro Viriato, com o projecto “Another Rose”. Recentemente, colaborou como intérprete no espectáculo "Cidades de Bronze" da Visões Úteis e lançou o seu primeiro projecto musical "Melancholia”.

 

LEITURA ENCENADA

DIREÇÃO ARTÍSTICA: CLÁUDIA MARISA

ASSISTÊNCIA DE DIREÇÃO: NUNO TUDELA

INTERPRETAÇÃO: ARIANA SANTOS; CONSTANÇA ANTUNES; FILIPA ARAÚJO; MARGARIDA BEZERRA

Produção: ESMAE



UBASUTE - Paula Carballeira

Sinopse:

Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, alguén, a ti mesma, e pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo a Xapón conseguirás afastar de ti o abafo, a culpa ou as pantasmas. Non existe un lugar no mundo onde fuxir da poesía, e a poesía trae de volta os recordos.

 

Paula Carballeira:

Paula Carballeira, nacida en Maniños (Fene. A Coruña), licenciada en Filoloxía pola Universidade de Compostela e cun curso de Especialización en Arte Dramática (Teoría e Práctica da Interpretación) na mesma universidade. Narradora oral profesional desde 1994, actriz e escritora. Como narradora oral, foi convidada aos principais festivais e eventos de narración oral nacionais e internacionais. Como actriz, é membro da compañía Berrobambán e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como directora de teatro, levou adiante producións tanto para a súa compañía coma para outras. Como dramaturga, recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática do ano 2023, o Premio Follas Novas na categoría de Teatro no ano 2023, o premio Laudamuco de Textos Teatrais no ano 2022, o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil os anos 2006, 2011 e 2018, foi Mención do Xurado no III Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural e finalista do Premio ASSITEJ (Sección española da Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Xuventude). Ten máis de trinta libros publicados (álbum ilustrado, narrativa, poesía, teatro, ensaio) moitos deles traducidos a varias linguas: inglés, italiano, coreano, turco, alemán, chinés, portugués, catalán, éuscaro... algúns deles premiados e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.

 

LECTURA DRAMATIZADA

DIRECCIÓN ARTÍSTICA: NURIA MONTERO

INTERPRETACIÓN: RAQUEL CABAÑAS; CARLOS GALÁN PARDO E TELMA PAZO RODAL

COLABORA NA DIRECCIÓN: ROBERTO VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

PRODUCCIÓN: ESAD DE GALICIA

 

 

Vanesa Sotelo, a dramaturga e profesora de dramaturgia na ESAD de Galicia, conduzirá  a conversa entre as duas dramaturgas num debate aberto ao público.

 

 

Anteriores dramaturgas galegas e portuguesas que participaram no projeto: Patrícia Portela e AveLina Pérez; Ana Carreira e Joana Craveiro; Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu; Rita Pinheiro e Laura Porto; Esther Carrodeguas e Cecilia Ferreira.


Combined Shape

Navigation