Entrada > Notícias > Dramaturxias Itinerantes | Dramaturgias Itinerantes
Publicado em: 29 Novembro 2021

Dramaturxias Itinerantes | Dramaturgias Itinerantes

THSC. Terça-feira, 30 de novembro, 19h00

 

O programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes”, iniciado en 2019, é froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e ten como obxectivo promover un mellor coñecemento mutuo da escrita teatral máis contemporánea de Galicia e Portugal. A partir de este punto de partida, o proxecto puxo o foco nas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a formar nas nosas escolas, e na dramaturxia de autoría feminina, coa vontade de rescatar esta da invisibilidade e de poñer en valor todo o seu potencial renovador.

Paseniño, o ciclo foi sumando edicións, nomes e encontros escénicos, mesmo sorteando as incertezas da pandemia cunha edición a finais de 2020 que foi tamén un xesto de confianza na capacidade resiliente do teatro. Nas voces galegas e portuguesas foron chegando aos públicos os textos de Patrícia Portela e AveLina Pérez, de Ana Carreira e Joana Craveiro, de Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu e hoxe congratulámonos de escoitar os de Rita Pinheiro e Laura Porto: todos eles poden atoparse en edición dixital en http://consellodacultura.gal/.

Nesta edición 2022 súmase ao proxecto a ESMAE de Porto á que lle agradecemos o entusiasmo e a complicidade. Oxalá poida acompañarnos por moitos anos máis nesta viaxe. 

Dolores Vilavedra, secretaria do Consello da Cultura Galega

Reino da extinción

Reino da extinción cruza as perspectivas de catro personaxes anónimas procedentes de diferentes épocas da Historia galega, que tras morrer son enviadas a un Alén moi particular, que en realidade é o Purgatorio.

Para trascender deben chegar a entenderse, e colaborar na resolución dun enigma absurdo que as enfronta, en realidade, consigo mesmas, coa insidiosa autopercepción de perfección moral que as atrapa no inmovilismo e que, ao crebar, pon a proba a súa idea do que significa ser galegas, vivir en Galiza e falar galego.

Tres das personaxes son a sublimación das épocas máis icónicas da Historia galega: a Prehistoria, o Medievo e os Séculos Escuros, mais non se constrúen en base ao realismo histórico senón en base á percepción mítica, moitas veces estereotipada, que as galegas temos da nosa propia Historia. A cuarta personaxe procede do futuro inmediato, no que a apocalipse cultural semella próxima, mais as dores e soños da súa comunidade seguen a ser as mesmas que hai séculos.

CAMALEOA. Do corpo ao manifesto

Uma camaleoa muda de cor para se camuflar, mediante o ambiente onde se encontra ou o seu estado emocional. Mas muitas vezes esta mudança acontece para defender o seu território e se tornar visível. 

Camaleoa surge a partir de testemunhos de trabalhadores do sexo e pretende dar voz a quem tem vivido à margem. Numa viagem poética, fala-se de percursos e trajetórias introduzindo o público num universo camuflado por crenças. 

 “Mas quem é que definiu os parâmetros da dignidade? Eu decidi usar o meu corpo como uma armadura e deixar de ser uma vítima do sistema. Foi isso que aconteceu”

 

 

Combined Shape

Navigation